MySpace
myspace music


kastomä - RUTA DO GRELO- videoclip



Last Updated: 12/15/2009

Send Message
Instant Message
Email to a Friend
Subscribe

Status: Single
City: Ordes, Alá Arriba
State: Coruña, A
Country: ES
Signup Date: 10/29/2006

My Subscriptions

Blog Archive
[Older      Newer]
 /  / 
December 15, 2009 - Tuesday 


http://www.youtube.com/watch?v=xAo5DHshALk
2º Video promocional do disco "Almas da noite" de KASTOMÄ. Dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío. Producido por SETEMEDIA. A Ruta do Grelo é o traxecto que vai de Ordes a Sigüeiro, e que é famoso por estar cheo de greleiras vendendo os seus produtos. Kastomä fan a ruta como é debido e protagonizan a súa particular Route 66, ainda que neste caso rebautizada como "GRELO 66". E ti, ¿andas na Ruta do Grelo?.
December 1, 2009 - Tuesday 
O 12 de Nadal, no Badulake, Ordes terá lugar a presentación do videoclip da RUTA DO GRELO. No video saen reflexados paraxes e personaxes da comarca de Ordes concretamente entre Ordes e Sigüeiro e para facer a festa contamos tamén coa colaboración de moitos deles no escenario do Badulake.
Será un concerto especial por ese motivo por contar co apoio de moitos dos que andamos metidos na historia do rock da comarca. A festa comezará coa proxeción do video dirixido por Matias e Gaspar, que xa os coñecedes polo seu anterior traballo no video de "A infancia". E a festa continuará con pinchos de productos típicos da Ruta do Grelo e un concerto con moitas sorpresas.
Vémonos pois no Badulake o 12 de Nadal.
Ando na ruta do grelooooo....!



November 24, 2009 - Tuesday 
"ALMAS DA NOITE" está ESGOTADO!!!

Moitas gracias a todos aqueles que nos apoiastes co disco.
Foi un ano cheo de concertos, festas e diversión en moi boa compaña e sempre con gañas de botarnos unha man.

Demos distribuido 1000copias antes de rematar a xira anual de "Almas da Noite" pero o que nunca se rematará serán as noctámbulas e insaciables gañas de preparar outra que promete festa rachada.

Vémonos no seguinte disco: décimo aniversario.

Apertas!




October 19, 2009 - Monday 
Boas e tiñosas noites de inferno!

O 31 de outubro haberá unha festa-concerto infernal en Lugo no Clavicembalo. Rua paxariños 23, preto da muralla na zona de S. Pedro.

Asistiran:
zombies, bruxas, diaños, satánicas maxestades, fiambres porcallentos, vermes con fame de carne fresca, nenas do exorcista, dráculas invertidos, raposos e raposas, arañas e miñocas de braña.

Non vos perdades a única actuación de todos estes personaxes.
será o 31 de outubro no club clavicembalo de Lugo.
Único pase ás 23:00hrs.

Vémonos en Lugo.

Asinado Frankestein:


 Me parta un raio...!!!



September 8, 2009 - Tuesday 


 

Este Luns Onda Curta retorna ás pantallas da TVG e faino presentando o videoclip “ A Infancia” do grupo Kastomä. A emisión cambia de data pasando á madruga do Luns para o Martes será a partir das 00:30hr cando o video da Infancia quede inmortalizado na pantalla galega.
Unha vez máis agradecemos desde kastomä a todos os que nos apoian e en especial, a Matias Tarrío e Gaspar Broullón pola súa inestimable colaboración na dirección do presente videoclip.

+ info de programas anteriores en:
http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=122

Ver video da infancia en:
http://www.youtube.com/watch?v=oNzkZEUMoWY&feature=player_embedded
September 3, 2009 - Thursday 
July 23, 2009 - Thursday 

Video dirixido por Matías Tarrío e Gaspar Broullón. Gravado entre a escola unitaria de merelle e o Camiño Inglés ó seu paso polo Outeiro en Poulo.
http://www.youtube.com/watch?v=oNzkZEUMoWY
July 14, 2009 - Tuesday 
18/07/2009 21:00enESTRENO VIDEOCLIP- Pub Arcos
R/ Nova - Ordes, gratis.
 
Presentación de videclip "A Infancia" Estreno Oficial.
 Video creado por Matias Tarrio e Gaspar Broullón.
O tema da infancia pertence ó último disco "Almas da Noite"
Faranse pases de videoclip cada 30 minutos sempre que haxa demanda. Haberá alfombra roja e celébrities morriñentas.
P.D.: para os que xa estén cheos de vernos, kastomä non vai a tocar eh? é solo presentación de video que dura o que dura a canción asique podedes vir, pisar a alfombra roja ver o video e marchar. Todo isto a partir das 9 da noite do sábado 18 de xullo.




May 25, 2009 - Monday 
Xa temos a tenda a pleno funcionamento na nosa web.
Pasádevos a comprobar as ofertas para este veranillo.
Son "las camisetas de moda, las que le molan a los futbolistasDavid Bencan ya tiene una, venga señora, que nos las quitan de las manos..."
+ info en:
http://www.kastoma.com/tenda.html?vmcchk=1

cantas queres?
April 28, 2009 - Tuesday 
Agora sí, dise por ahí que se non te escoitan non existes. Entón quedaban duas saídas ou berrar máis forte, cousa que xa non podemos superar ou outra opción que era a de publicar en aregueifa.net.
Así pois,Almas da noite, está recentemente publicado en mp3 baixo licenza Copyleft no netlabel aregueifa.net accedendo ó seguinte enlace:

http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2009/04/kastoma-almas-da-noite-2009.html


Tamén podedes mercar o disco se queredes nas tendas de discos ou na pestaña "tenda" da nosa web www.kastoma.com

Vémonos nos concertos.