Status: Single
City: GALIZA f**k off
Country: ES
Signup Date: 11/28/2006
|
|
|
|
Sunday, July 26, 2009
 |
SE TIVERA OUTRA VIDA
E se tivera outra vida nas mesmas pedras chocaría se tivera outra vida, parte dela ti serías se tivera outra vida nesta vida contigo a compartiría se tivera outra vida, sen dubidalo cha daría.
É a túa voz, o lamento a berros que se afogan Entre nós, xuízo eterno sen ton nin son É a túa voz, o lamento amargo entre os silencios Entre nós, xuízo eterno que non pago, que non atendo, que non entendo. Se tivera outra vida, entre os teus beizos viviría Se tivera outra vida, entre as túas pernas durmiría Se tivera outra vida nesta vida contigo a compartiría Pero só teño unha vida e xa elixín con quen vivila.
É a túa voz, o lamento a berros que se afogan Entre nós, xuízo eterno sen ton nin son É a túa voz, o lamento amargo entre os silencios Entre nós, xuízo eterno que non pago
E entre berros me arrinco corazón e alí me encerro Súo tremores que me rouban o silencio Fumo mentiras entre ideas xa esquecidas Coller a porta e esquecerme desta vida fría A realidade é máis dura que a mentira Mañá a tormenta deixará bágoas na mesa É unha promesa este engano non me pesa É unha promesa serei fiel as túas promesas Se tivera outra vida
E se tivera outra vida esta noite contigo durmiría se tivera outra vida E se tivera outra vida probablemente te amaría E se tivera outra vida nesta letra a outra ti serías se tivera outra vida Pero só teño unha vida e xa elixín con quen vivila.
É a túa voz, o lamento a berros que se afogan Entre nós, xuízo eterno sen ton nin son É a túa voz, o lamento amargo entre os silencios Entre nós, xuízo eterno que non pago, que non atendo, que non entendo.
O DÍA E A NOITE
A noite o día, a morte e a vida A desgracia a sorte, o lombo e o azoute O medo o orgullo, os risos e as bágoas A gula e a fame, o candado e a chave
Vivo nun desterro continuo a miña lingua súa Podo trocar o meu destino só con xirar a agulla Sinto que os nervios me levan e as túas mans me traen Cos meus dous ollos pechados tamén sei camiñar
Vivo engaiolado nun templo con portas de cristal Miro cara os meus adentros e volvo a comezar Sigo atento e esperto cando das o sinal O teu sorriso é a droga que me fai trasnoitar
Busco no camiño un camiño que non sexa o seu Dobro esquinas como un neno que dobra un papel Cambio o rumbo e se me estrelo xuro que fuxirei Non me agardes esa noite porque non voltarei
Négome a pasar a folla sen ver qué é cada quén O día, a noite, a vida e a nosa morte Sigo pendurando do fío amargo da súa lei Xustiza e cartos, arritmia e infartos
Sei que ollos non preciso eu sinto coa pel Desgracia e sorte o teu lombo e os seus azoutes Cuspo nas mentiras obscenas que nos queren vender Entre agarimos morro hoxe e mañá volvo a nacer
As rúas me espían e aínda hai que se fía Afío os dentes o sangue nos ferve O frío é un pasado pasado que quero olvidar Se me apertas contra o peito prometo non chorar
O día a noite, a vida e a morte Desgracia e sorte, o lombo e o azoute O orgullo o medo, as bágoas e as risas A gula e a fame, o candado e a chave.
SODES A CREMA
Nunha bici sen sillín facemos a viaxe E os cintos non abrochan para o aterraxe Nesta festa de disfraces perdemos os pases A guitarra desafina e eu esquecín as frases
A base se repite como o comino Mentres que un improvisa o outro perde o sentido Un riff movido e outro que anda medio perdido Irei ata o camerino a ver se volve e
Sacudide ben a caspa Non hai truco nin se arrastra Removede esta salsa Sodes a crema deste puto tema
Somos un barco e vos sodes os remos Nesta mundo os amigos cóntanse cos dedos Sodes o azucre que fai doce este cotarro Cando botades facedes que nos perdamos o tarro
Se fose cura seriades a mellor parroquia Se fose tony montana vos seriades farlopa Se tocaramos preguntas vos cantariades resposta Non rematou o concerto así que todos
Sacudide ben a caspa Non hai truco nin se arrastra Removede esta salsa Sodes a crema deste puto tema
Tres, dous, un, prendo a mecha e todo isto fai boom Tun, pa, tuntun, pa, dicimos bombo e vos dicides clap Sube o volume e tamén suben os grados Suben os prezos e sobe o desprezo Sobe que sobe, pero non engorda o sobre Por moitos golpes baixos a nós non hai quen dobre
Vivimos fartos de toda esta mentira, armados de guitarras imos cara a saída Non hai colchón que resista esta caída. Se hoxe é a noite mañán sairá o día Sabemos ben que xa nada é igual. Sabemos mal con azucre ou con sal Sabedes ben no barrio non hai lei. Sabedes mal en realidade sía que a hai
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Sunday, July 26, 2009
 |
MENTIR POR MENTIR
Armas, calma, prezos en alza Disparan cargan nunha balanza Danzan tragas e todo vale A mentira que se vende e ti o que pagas
Dictan sangras e todo se desfasa As mans en alto e ti te paras É o mercado o que por riba de ti avanza Este libre mercado é unha libre matanza
Pode que o sistema nos devolva con moedas Os días que pasamos deambulando entre as súas reixas Pode que as vantaxes nos financien esta pena Pode que os caprichos fagan que isto valga a pena
E réndeste á rutina que sementa a fachenda Anestesia rebaixada nas tendas Os privilexios aprétanche a venda E non hai a onde ir
Dentro de ti sabes que Estante a roubar
Sinto a estafa sobre as espaldas Dentro desta cortina a penas se respira Sinto a farsa na miña cara Cuspindo nas entrañas de todo o que eu amaba
Coñeces os praceres e coñeces o consumo O gozo que produce verte como te soñaches E non o imaxinaches por ti o imaxinaron Fixéronte a medida fixéronte calcado
E veste, reflexado como un clon deseñado Eres un manequín un boneco O humano pasa a ser obxecto O engano xa non engana
Dentro de ti sabes que Estante a roubar
Sinto a estafa sobre as espaldas Dentro desta cortina a penas se respira Sinto a farsa na miña cara Cuspindo nas entrañas de todo o que eu amaba
Mentiraste, a ti mesmo se queres, Vivirás, na mentira que fere Serás, unha mentira un pelele E así seguirás, perdices comerás
O autoengano te sona a orgasmo Non te salvas nin levando casco A verdade é brecha é dardo Colorín colorado, vivirás traizoado
Mentir por mentir como forma de vida É mentir pra vivir na mentira (x2)
A DAR A CARA
Caretas agochan , o rostro deforman Da ficción perpetuada, da vexación consumada e eu sigo aquí, Quitando caretas buscando respostas secretas Destapando a cadea perpetua que sofremos en cada rincón do planeta
Que dean a cara!!
Hai un latexo que me obriga a saír, non quero fuxir, nas súas garras caín. Unha condena sempre arrastro cadeas, o medo é unha cadela que xa non me ladra a min.
Neste rabaño aprendín a disentir Para sobrevivir e non quero comer Da necidade que os condena a vivir Sen ver sen oír, sen falar nin sentir.
Fomos tratados como cans a patadas por negar o seu orden por dar a cara A estupidez non é ningunha medalla e nesta batalla hai que dar a cara Pola xustiza social porque ansiamos ser libres nos imos a dar a cara E se unha porra nola rompe, mañá seguiremos a dar a cara
A nosa cara é o espello do que somos Se a mostramos con descaro e porque sempre damos O corazón en cada acción a vida en persecución Somos orgullo e vocación de cerebro armado
Fomos tratados como cans a patadas por negar o seu orden por dar a cara A estupidez non é ningunha medalla e nesta batalla hai que dar a cara Pola xustiza social porque ansiamos ser libres nos imos a dar a cara E se unha porra nola rompe, mañá seguiremos a dar a cara
A dar a cara, a dar a cara (bis)
Se agochamos a faciana é para dar a cara Escapando da vinganza do control que avanza A mente odia a rendición o corpo sofre a súa traizón E aínda que o medo nos invada imos a dar a cara
Fomos tratados como cans a patadas por negar o seu orden por dar a cara A estupidez non é ningunha medalla e nesta batalla hai que dar a cara Pola xustiza social porque ansiamos ser libres nos imos a dar a cara E se unha porra nola rompe, mañá seguiremos a dar a cara
COS OLLOS PECHADOS
Os ollos pechei E nunha inspiración dentro me coloquei Agárrame ben Porque sinto que todo sube e eu voume tamén
A un lugar onde non Haxa paredes onde a miña alma esté encerrada Paredes que son gaiolas doutros tempos onde reinaba o silencio
Axítame ben que non sei Se dentro da néboa eu me perderei A penas respiro camiño perdido Escoito o meu nome e a túa luz sigo
A un lugar onde non Haxa paredes onde a miña alma esté encerrada Paredes que son gaiolas doutros tempos onde reinaba o silencio
Non hai sangue e non a ten que haber As ás arden e caio no pastel Non hai aire e non hai auga Trago area entre arcadas valeiras
O camiño séguese a retorcer No teu niño véxote e xa non sei Se son rata paxaro ou araña Boca abaixo vomito as entrañas.
Os ollos abrín pra non ver que preto estivo o sono dos sonos. Hoxe espertei Eu nunha cama e non estabas ó meu lado
E non quero volver a caer Nesa tumba engalanada con lazos de ouro Non quero volver non sei que é o que ten necesito fuxir E xa non sei a onde .
No meu peito teño un corte aberto Cada día de po o encho Abandono este mundo de bobos E nas miserias recollo tesouros A mentira é a miña verdade A verdade só é para os covardes A verdade non sei que verdade As paredes queren esmagarme.
Onde ir, e cando, o tempo é o que rompe a alma lentamente Fuxir caer morrer en vida. A XUSTIZA POLA MAN (poema íntegro de rosalía de Castro do seu libro “Cantares Gallegos”
Aqués que ten fama de honrados na vila, roubáronme tanta brancura que eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en onde eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres durmín nas campías; Meus fillos...,¡ meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida, Fixéronme un leito de toxos e silvas; i en tanto os raposos de sangue maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían.
-¡Salvádeme, ou, xueces!-berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeume a xustiza. -Bon Dios, axudaime- berrei, berrei inda... Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida, Dun salto con rabia pillei a fouciña, Rondei paseniño... ¡Nen as herbas sentían! I a lúa escondíase, i a fera dormía (Cos seus compañeiros en cama mullida.)
Mireinos con calma, i as mans estendidas, Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida. I o lado contenta senteime das vítimas, Tranquila esperando polo alba do día
I entonces..., entonces cumpréuse a xustiza: Eu, neles; i as leises, na man que os ferira. <span l
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Sunday, July 26, 2009
 |
Por petición popular, aquí vos deixamos as letras ó completo de "As palabras espidas", incluíndo o poema da contra cara do disco. Todas estas letras exceptuando "A xustiza pola man" foron escritas por Jasper. Un saúdo estival e moitas grazas por estar ahí. AS PALABRAS ESPIDAS
Unha choiva de mil versos baña as miñas veas. Espidas as palabras deletréanme con mimo o meu destino. Dan sentido o sen sentido, dozura, agarimo. Cando a tristeza é un prato frío nas verbas busco abrigo. Palabras sinxelas de contido cheas, palabras feridas polo látego e a cobiza, palabras que rematan unha boa frase, palabras que sentencian, palabras para encher a túa ausencia. Son a cura e a ferida, son veleno e mediciña. Son palabra. Son e indaga. Son o verso baleiro que nunca rima,a canción partida, a metáfora malsoante, a man sen luva no inverno espida e o ciclo tampouco aquí termina. Busco o xa atopado con cobardía. Leo versos entre os teus ollos Nos meus adentros te posuiría. Con paso firme magoamos mentes. A tod@s lembro e levo dentro. O pasado a gasallounos un perdón chamdo presente.
XOGANDO Á CONTRA
Estamos a xogar á contra tirando á porta fechando bocas a esta derrota ímoslle a dar a volta é o orgullo é a resposta somos a forza que nunca se conforma
xogamos perdemos gañamos esta é a regra que sempre aceptamos neste campo nos sempre suamos suor e bágoas por todo o que amamos
a vinganza é a entrada na testa é a saída da bala funesta é a condena que todos detestan cando as palabras non serven de nada
Só somos un puñado neste partido que está amañado non importa o resultado porque nós vimos a polo que vimos.
E todo rematará ¿sairá mal, sairá ben non o sei nin creo nin sequera que o queira saber o tempo pasa o partido que remata e se me atan polas patas xa verei que coño vou facer
A vida pasa e non pasa nada O pobre nada e a súa voz é afogada Polos mass-media que impoñen a nada Neste sistema que nunca se acaba.
Abren a boca e cáenlles as babas Co seu diñeiro que todo o amaña As súas mentiras nos levan a vida Balas perdidas que a todos mutilan
Só somos un puñado neste partido que está amañado non importa o resultado
Só somos un puñado neste partido que está amañado non importa o resultado porque nós vimos a polo que vimos.
PALABRAS ESPIDAS
As palabras espidas magoan as mentes vestidas
Palabras, ideas e conceptos que nacen adentro Sen o tormento, non hai sustento Intento espir conceptos non caer nos defectos Se estás no centro ponte a cuberto
A lírica fainos molestos e en cada texto o resto É o que aluma dentro do teu peito Cando as palabras tórnanse corpos espidos Sintome libre mergullado entre os teus libros
Palabras vestidas en mentes podridas E o pan podre nesta mesa cada día O uniforme engana o necio co seu orden Non é igualdade é un can que a todos morde
Libero prendas na ideolóxica transtenda desta cegueira que a todos nos enferma abre a boca e desata a túa venda (pensa) a liberdade non se merca nunha tenda
Négome a comprar sentimentos A vestir cun disfraz o silencio Négome a bautizar a inocencia e a depender desta dependencia
Son un nudista dentro deste baticano mediático Blasfemo contra as normas deste xogo eu practico A libre expresión a libre canción poesía en prosa insumisión sons de luita e rebelión
Négome a mendigar sentimentos négome a conxugar os seus verbos que me dictan verdades a medias que me atracan detrás dunha media
Poesía non leva cadeas Poesía é pano de bágoas Poesía son alas nas costas Poesía é sangue nas veas.
SÓ QUERO UN ADEUS
Dar un paso atrás, Mover as horas, atrasar o reloxo para camiñar a contras Xirar a agulla con dozura corrixindo os erros.
E sinto que todo é unha lección nun soño Que afoga os meus folgos Apaño recordos saboreo os encontros So quero un adeus
Cando a distancia non son metros son barreiras alleas Que a rutina e a pereza converten en cadeas Non as rompín a tempo desertos de silencio Culpa e bágoas e un lamento que se perde co vento.
E sinto que todo é unha lección nun soño Que afoga os meus folgos Repaño recordos saboreo os encontros So quero un adeus
Quero pensar que só hai un ceo e non existe o inferno Quero crer que nos veremos máis tarde que cedo Quero buscar como falarche no meu cerebro Pasa o tempo pasa a vida e eu aínda te quero
Supeditei os actos e non estivemos xuntos Hoxe o traballo e a pereza só son unha escusa
E sinto que todo é unha lección nun soño Que afoga os meus folgos Repaño recordos maldigo os desencontros Máis tarde ou cedo alí estarei Sentado no teu colo. DESEXOS
Desexos, entre esperanzas e entre meses Desexos, vendo a vida pasar, vos desexo que non me colguen por favor do pelexo E pelexo contra min e contra o resto. Baleiro vida afogo o corazón E sempre perdo a paciencia e a razón, Apostando por xogadas suicidas A bala sae como un bico e me agarima Lembro as apertas da traizón que aniquilan. os agarimos esquecidos nese día Que nos miramos e a túa vista torcías Mentres o escombro me esmagaba e
Desexo, que o tempo pase e me devolva os desexos Que a vida volva a ser da cor deses beixos E que os teus beizos me rescaten do silencio No que preso me deixaron eses malditos Desexo, que o tempo pase e me devolva os desexos Que a vida volva a ser da cor deses beixos E que os teus beizos me rescaten do silencio No que preso me deixaron
Desexo que as moedas teña cara e non sexan Unha cruz que nos conduza á miseria Que non existan máis coroas de espiño Que por min nunca pases unha noite en vilo Non sei se sigo morto ou xa estou vivo Non sei nos días ando escondido Por máis que busco non atopo o camiño No que un día entrelazados nos perdimos Desexo que perdamos a cabeza, E que o medo nos levante a súa condena Permitíndonos saír desta caverna Na que só acaricio silvas e Desexo, que o tempo pase e me devolva os desexos Que a vida volva a ser da cor deses beixos E que os teus beizos me rescaten do silencio No que preso me deixaron eses malditos Desexo, que o tempo pase e me devolva os desexos Que a vida volva a ser da cor deses beixos E que os teus beizos me rescaten do silencio No que preso me deixaron
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Tuesday, January 27, 2009
 |
que pasa xente? despois de esta espera de tanto tempo na que pasou de todo na nosa banda (a marcha de xavi,a busqueda do novo cantante,a operacion de ramon) temos o inmenso pracer de poñervos este tema de adianto do que sera o novo disco de NAO o cal estamos a rematar e que entraremos a grabar proximamente.esperamos que o tema vos guste tanto como nos gusta a nos.como xa podedes ver o tema chamase DECLARAMONOS CULPABLES e a continuacion paso a deixarvos a letra do tema aqui para que lle votedes un ollo. pois nada mais solo decirvos que estamos a traballar intensamente para poder estar dentro de pouco disfrutando do que mais nos gusta que e compoñer e tocar en directo os nosos temas para todos vos. unha aperta e vemonos pronto DECLARAMONOS CULPABLES Destapar sentimentos de papel Sacar o abrigo palpar o frío Poñer os soños entre a espada e a parede Poñer o ritmo cortar o hastío Non busco as resposta marco as pautas deste olvido Correr non ten sentido cando hai pedras no camiño Non sei por qué Non son o qué Non estou onde Non chego cando Non valgo tanto Non somos canto Sen a benia defendo os meus dereitos Un desacato a este cruel mandato Aplaudamos forte esmagando o son do mazo Cobramo todo eu pago o pato Sí busco as resposta marco as pautas deste olvido Correr sí ten sentido lanzo as pedras do camiño Sí sei por que Sí son o que Sí estou onde Sí chego cando Non valgo tanto Non somos canto A lei non reparte xustiza a cobiza acende brasas ós teus pés Non é xusto, non nos representas Este tribunal é unha burda careta E senta, sen a benia, sen palabra Asumo toda a pena Nós somos culpables, presuntos culpables Este é o noso alegato
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Wednesday, September 10, 2008
 |
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Tuesday, September 09, 2008
 |
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Thursday, March 27, 2008
 |
Extraemos esta crítica da revista ROCK HARD do mes de marzo 2008 por cortesía de Manuel Piñeiro.

Nao – As palabras espidas
Fai aproximadamente un ano chegaba á redacción de Rockzone a demo "Somos" de Nao, e semella que lles chamaba tanto a atención a música que facían, senón o idioma que usaban: o galego. Xa que logo, bandas en euskera hai a centos, en catalán non tantos, mais inda hai algúns cantos, mais en galego…poucos, demasiado poucos. Mais, para Nao non deixa de ser unha vantaxe ser case únicos na súa especie. Amais, pariron un disco que resolve algunhas dúbidas da súa demo, certa falla de cohesión entre os temas ou unhas melodías vocais forzadas. "As Palabras Espidas" é un álbum en toda norma, con himnos directos de rap-metal coma "Xogando a Contra" o mesmo "As Palabras Espidas", e mais tamén amosan outra face cunha balada coma "Desexos". Poren, o punto álxido chega coa metálica "A Xustiza pola Man", unha canción que conta coa colaboración de Pati de Salida de Emergencia, unha voz feminina galega onde as haxa, que pon o corazón nun puño. E non podo esquecerme d’A Noite e O Día", onde Xavinho mostra que progresou de xeito adecuado coas melodías. E isto non é todo, Nao van sobrados, e sácanse da manga unha canción de hip-hop con guitarras dedicado aos seus amigos e colegas en "Sodes a Crema". Os únicos inimigos de Nao son eles mesmos, pois o seu estilo cada día que pasa está máis esquecido, agora ben non hai nada que unha identidade propia non poida solucionar, e a Nao iso lles sobra. Arrédemo.
Nota: 7’5
Faz aproximadamente um ano chegava à redação de Rockzone a demo "Somos" de Nao, e parece ser que não lhes chamava tanto o atendimento a música que faziam, senão o idioma que utilizavam: o galego. Pois, grupos em euskera há a centos, em catalão não tantos, mas ainda há uns quantos, mas em galego…poucos, demasiado poucos. Mas para Nao não deixa de ser uma vantagem ser quase únicos em sua espécie. Ademais, pariram um disco que resolve alguns problemas de seus dêmos, certa falta de coesão entre os temas ou umas melodias vocais forçadas. "As Palabras Espidas" é um álbum em toda regra, com hinos diretos de rap-metal como "Xogando a Contra" ou "As Palabras Espidas", mas também mostram outra cara com uma balada como "Desexos". Mas o ponto álgido chega com a metálica "A Xustiza pola Man", uma canção que conta com a colaboração de Pati de Saída de Emergência, uma voz feminina tipicamente galega, que põe o coração num punho. E não posso esquecer-me da "Noite e Ou Dia", onde Xavinho mostra que progrediu adequadamente com as melodias. Mas estes Nao vão sobrados, e se sacam da manga uma canção de hip-hop com violas dedicado a seus amigos e colegas como "Sodes a Creme". Os únicos inimigos de Nao são eles mesmos, pois seu estilo cada dia que passa está mais esquecido, agora bem não há nada que a identidade própria não possa resolver, e A Nao isto lhe sobra.
Valoraçao:7,5
Hace aproximadamente un año llegaba a la redacción de Rockzone la demo "Somos" de Nao, y parece ser que no les llamaba tanto la atención la música que hacían, sino el idioma que utilizaban: el gallego. Pues, grupos en euskera hay a cientos, en catalán no tantos, pero aún hay unos cuantos, pero en gallego…pocos, demasiado pocos. Pero para Nao no deja de ser una ventaja ser casi únicos en su especie. Además, han parido un disco que resuelve algunos problemas de sus demos, cierta falta de cohesión entre los temas o unas melodías vocales forzadas. "As Palabras Espidas" es un álbum en toda regla, con himnos directos de rap-metal como "Xogando a Contra" o "As Palabras Espidas", pero también muestran otra cara con una balada como "Desexos". Pero el punto álgido llega con la metálica "A Xustiza pola Man", una canción que cuenta con la colaboración de Pati de Salida de Emergencia, una voz femenina típicamente gallega, que pone el corazón en un puño. Y no puedo olvidarme de "A Noite e O Día", donde Xavinho muestra que ha progresado adecuadamente con las melodías. Pero estos Nao van sobrados, y se sacan de la manga una canción de hip-hop con guitarras dedicado a sus amigos y colegas como "Sodes a Crema". Los únicos enemigos de Nao son ellos mismos, pues su estilo cada día que pasa está más olvidado, ahora bien no hay nada que la identidad propia no pueda resolver, y a Nao esto le sobra.
Nota: 7’5
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Friday, February 29, 2008
 |
Extraemos a seguiente reseña do disco dende http://www.canedorock.com/discos81.htm
-------------------------------------
As palabras espidas" - NAO - 2007.
Me gustaría redactar esta reseña en gallego, pero como la gente que no lo entiende pasaría de leerlo, y dado que este es un discazo, no voy dejar la ocasión de que lo lean cuantos más mejor. Cuando acabas de escuchar el inicial tema "Xogando a contra" y empieza sin parar "As palabras espidas" ya estás imaginándote como será su directo, pues si en estudio ya te hacen botar, joder como trallará esto en vivo. La primera es con un riff de esos machacantes y un estribillo de elevarse del sitio. Más hardcoreta es la segunda, sin respiro y con una letra muy inusual en este estilo.
La voz de Xavi tiene un tono particular pero que engancha, que incluso me confunde con Cody en algunos fraseos; la batería de Ramón se sale con los platos. Se tiran hacia el punk-rock actual y su "So quero un adeus" engancha con su musicalidad, unas melodías de guitarra de Gus y Jasper que te hacen menear la cabeza, y para muestra escuchad el final. Mi joya particular llega con "Desexos", temazo que comienza tranqui y q ue luego se desata en intensidad, y es dónde la sombra de los desaparecidos Kannon es más evidente; el bajo de Paul sobrevuela todo el tema hasta la explosión del estribillo. Más metal en "Mentir por mentir", con efectos diversos en la guitarras, saturación en sus parte más cañeras, un bajo arremetiendo ritmos que hipnotizan y la batería sigue dando muchas alegrías al oído; en directo será la ostia.
Si en las canciones anteriores la referencia musical más cercana eran los Kannon, con "A dar a cara" aún teniendo algo de lo dicho, también los Sugarless les han dado alguna idea, y esa melodía de guitarra inicial junto un final trepidante es un buen botón…botonazo. Para recuperar algo de oxígeno, "Cos ollos pechados" aún teniendo su fuerza, su casi medio tiempo te deja descansar; la voz de Xavi muestra nuevas facetas, y digamos que se agradece que rebusque en su limitada garganta. Ese riff que inicia "A justicia pola man" tira hacia un rock metal muy escuchado por estos lares. Pero este tema bien currado tiene la sorpresa en la voz de Patri de Salida de Emergencia, que le ha dado un regusto al tema; las guitarras están bestiales en toda la canción. Comienza "Se tivera otra vida", más pesado, muy a lo RATM, pero con el puntazo de la voz de Xavi, subiendo tono y desgañitándose en el estribillo, siendo quizás su mejor interpretación en todo el cd.
Tantos estilos destilan por este cd, que cuando suena "A noite e o día", uno lo relaciona con emocore o algo cercano a ello, aunque a mí me recuerda a su tema "Desexos", pero con más rabia y menos lineal; otro temazo, menuda batería. Y el final con Dj Z es todo un alarde de metal, funk y samples titulado "Sodes a crema". Muy buena producción, portada y libreto.
M.A.M.
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Wednesday, February 27, 2008
 |
www.sono-tone.net
..>
|
| Escrito por Redacción Sono-Tone |
| Martes, 15 de Xaneiro do 2008 |
Un ano máis as leitoras e os leitores de Sono-Tone escolleron os seus discos favoritos, que non necesariamente os mellores. Unha listaxe longa e variada que de novo amosa o excepcional estado de saúde da escena galega, con sorprendentes discos de debut pero tamén bastantes segundos e até terceiros discos que poñen de manifesto a solidez de moitas bandas galegas. Aqui tedes a lista defintiva coas puntuacións acadadas por cada disco.
Votos:
217 TRIANGULO DE AMOR BIZARRO - Triángulo de Amor Bizarro 195 THE HOMENS - Tres 178 FANNY + ALEXANDER - Finais dos 70s, comezos dos 80s 171 ATAQUE ESCAMPE - Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos 169 NADADORA - Hablaremos del miedo 167 NARF - Totem 165 APENINO - Un rayo de sol 161 NOISE PROJECT - Teleclube 158 GALEGOZ - Revolution Dance 146 NOUVELLE CUISINE - Autodictado 142 VV. AA. - 120 Capadores 140 NAO - As palabras espidas 128 VV. AA. - Manifesto Dobarrista 119 MEU - Did you hear? 116 COLECTIVO ORUGA - Ricos modernos 114 FRANC3S - Ascensión a las cloacas 113 ARREDEMO - Nin sequera a choiva 111 ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS - Esto que tienes delante 109 MOONDOGS BLUES PARTY - O cadelo lunático 91 MERCEDES PEON - Sihá 90 ESQUIOS - Un tipo normal 86 MANOS DE TOPO - Ortopedias bonitas 83 TELEMACO - Terra 78 XOSE MANUEL BUDIÑO - Home 77 XABIER DIAZ - Coplas para Icía 66 VALE TUDO - Vale Tudo 65 QUANT - In It for the Fun 64 SONHOS - Sonhos 63 MEQUETREFE - Mequetrefe EP 62 CORNELIUS - Greatest Hits 59 OS TRASNOS DE MOSCOSO - Rap do País 57 JABON BLUE - La música va por dentro 53 NOVA GALEGA DE DANZA - Alento 49 KATHAARSYS - Verses in Vain 44 MALANDROMEDA - Os estraños sempre traen malas novas 42 JIMENEZ DEL OSO + COPROLITOS - EP split 41 CAPITAN FURILO - Capitán Furilo 40 THE TELEPHONE ROUGES - Marxe I 39 TWENTY FIGHTERS - From this Day 39 SILVIA PENIDE - Desafinante crónica 38 GRAN PURISMO - Spifire 37 CANTADEIRAS DO BERBES - Todos a bordo 34 CREMA DE GAITA - TanGalego 32 A TABERNA DE MOU - Vol. 1 29 BONOVO - Demo 29 LORETTA MARTIN - Paraiso distante 26 ALMAX 21 BLIXDEINA 15 ABRAHAM BOBA - Abraham Boba 11 Carmen Rey - Meu 9 SEÑORA CARMEN - Na flor dos meus anos 2 XE - aliaXe
1.-TRIANGULO DE AMOR BIZARRO Triángulo de Amor Bizarro (Mushroom Pillow, 2007)
Moitos falan xa de Triángulo de Amor Bizarro coma os novos Los Planetas e a verdade é que se dan todas as condicións para que recollan a testemuña xeracional e se convirtan no grupo de referencia do indie estatal. A saber: aínda que son máis intensos e acelerados, beben das mesmas fontes que os de J; as súas melodías tamén teñen o mesmo feo costume de se che incrustar no cerebro tras un par de escoitas; as súas letras (con versos da carga filosófica de llevar navaja siempre es conveniente, portaos bien hijos de puta que Jesús os vigila desde las alturas ou la Universidad es el mejor lugar para descansar) teñen moitas posiblidades de rematar facendo parte da cultura popular e recurso habitual da típica conversa nocturna, tal como lle aconteceu aos granaínos; ademáis teñen unha baixista –con a- que aínda por riba canta ben, igual que os primeiros Planetas, e son capaces de facer pop de altura sen que a filia noise empantane a melodía. De novo, ighualiño que Los Planetas. Por se todo isto non fora suficiente, están no selo indie de moda, Mushroom Pillow –calquera selo que fiche a Sr Chinarro se pon de moda automaticamente, asumámolo-, tiveron a inmensa sorte de só ser semifinalistas e non gañar o Proyecto Demo do FIB de hai dous anos (está demostrado empíricamente que só os grupos que se quedan ás portas sobreviven...) e teñen o componente xusto de friquismo para se diferenciar de propostas semellantes pero moito máis solemnes e por tanto aburridas.
Porén hei de confesar que collín este disco con alfinetes, e non foi até a cuarta ou quinta escoita que comezei a caer nas súas redes. Nunca os vin ao vivo –tendo escoitado no pasado cousas máis ben malas sobre a súa destreza sobre as táboas- e isto sumado á produción infernal das súas demos fixo que tivera máis prexuizos que un membro do Foro de la Familia tomando unhas copas con Jorge Javier Vázquez. Por sorte para todos a espera de dous anos valeu a pena e o resultado é indiscutíbel. O primeiro disco deste –agora- trío herculino mexa polo Super 8 de Los Planetas, polo que se albisca un futuro para eles aínda máis glorioso que os motores de autobuses metidos en unidades de desprazamentos. Xa nos entendemos.
2.-THE HOMENS 3 (Falcatruada, 2007)
"Por 1 euro a resposta dígame grupos que fagan pop e canten en galego. Un, dous, tres... responda outra vez!" Sinceramente creo que coas respostas posibles non sacaba nen para tomarlle un licor-café. Claro que se botamos un olliño á nosa historia musical recente, dende os 70s o pop galego entendido á maneira de Andrés Do Barro, isto é, só o cantado en galego, andaba orfo de pai, nai e avoa (...)
Porén nos últimos anos unha serie de grupos veñen enchendo este imperdoable baleiro dunha escena dominada polo rock, o punk, os sons xamaicanos e máis recentemente o Hip Hop. De tres anos para aquí abrollaron unha serie de propostas lideradas por xente que non era precisamente nova nisto da música -case todos chegados de grupos doutros paus- e que pouco a pouco van ocupando as pólas que restaban por poboar na polo de agora pouco frondosa árbore do pop galego: falo do techno-pop de Projecto Mourente e Zimmer103, do pop electrónico de Fanny + Alexander, do pop guitarreiro de Capitán Furilo e, por suposto... do power-pop de The Homens.
Lembro que a primeira vez que escoitei o que os tres de raias propuñan case non o podía crer: pop de tradición Mod con querencias pola estética indie, cantado en galego, con letras mundanas e retrousos pegañentos? Demasiado bon para ser certo. Pero o era, e trás dous EPs nos que a precariedade da gravación non facía xustiza á calidade do seu repertorio e do seu directo chega por fin este "3", un disco longo que, xunto a outros que se aviziñan, certifica que este outono de 2007 será lembrado coma a data en que o pop galego acadou a maioría de idade ou, cando menos, existiu.
Coma primeiro single os tres tripulantes da Carriña escolleron "Calamar", o tema que abre o disco, pero a verdade é que lles debeu resultar unha decisión dificil xa que todos e cada un dos once temas que fan parte do disco -incluida a lenta e moi compostelanita "Opositora"- tiñan papeletas de sobra para selo. Son as cousas que pasan cando gravas once hinos pop redondos, que logo non sabes cal escoller. O mesmo problema que teremos os fans, que non saberemos que tema poñer cando queramos enganchar a algún amigo a The Homens. Porque a verdade é que este disco, con esa colección de xoias pop e con esa coidada produción que tanto precisaba o son de The Homens, é un disco para fachendear por ai do que se fai en Galiza e dende logo unha magnífica primeira dose para introducir a calquera nese bicho raro chamado pop galego.
Pero o coidado que The homens puxeron neste seu primeiro disco longo non remata no son, os fans dos formatos físicos agradecemos infinitamente o luxo da edición xa que alén de poderse descargar de balde na súa web, está publicado baixo licenza Creative Commons, tamén se pode adquirir tanto en CD coma en formato único vinilo+CD+MP3 con póster incluido, algo inédito até a data pero que se pode converter nun standard, sobre todo agora que bandas de referencia mundial coma Radiohead seguen camiños parellos.

3.-FANNY + ALEXANDER Finais dos 70s, comezos dos 80s (A Regueifa, 2007)
Escoitando as primeiras cancións de The Homens, alguén comentou a novidade que supuña para a música galega escoitar canción sinxelas, directas, nas que as letras tiñan unha función complementaria, non protagonista, o mesmo papel que teñen no rock de calquera país. E é que a música galega enleábase en contar historias demasiado complexas e narrativas. Pero curiosamente tamén esquecera aos poetas. Nos anos setenta Voces Ceibes, Suso Vaamonde, Bibiano, Miro Casabella, Benedicto, Luis E. Batallán ou Fuxan os Ventos levaron a voz de Celso Emilio, Manuel María e doutros poetas ás súas guitarras. E leváronas ao pobo, de xeito que aínda hoxe "Quen poidera namorala", "Irmaus" ou "María Soliña" son algunhas das cancións/poemas máis populares en Galicia. Fanny + Alexander recuperan esa tradición de transformación e relectura de poemas, convertidos en cancións. Esa é a función do pop.
Si, pop, coas tres letras ben grandes. F+A soan máis pop, máis accesibles, neste álbum. En Lusco e Fusco amosaban unha vontade de creación de novos escenarios musicais, de experimentar, de colocarse (colocarnos) na vangarda. Pero a vangarda en estado puro non é para todos os estómagos. "Finais dos 70, comezos dos 80" é apto para todos os públicos, con retrousos que mesmo sorprenden aos propios autores dos poemas orixinais: "é logo como fixeches unha canción con isto?"
"María Silenzo" remove por dentro, o mesmo que "Amei-te tanto", que navega polo sangue derrubando resistencias. Con "Danzarei para ti" comezan a moverse os pés, que seguen bailando con "Cando eu era mozo", que soa tan galega como turca. O disco móvese no trip-hop con "A Estación sen ti" e mestura pandeiretas e escuridade postpunk a través de Lois Pereiro en "Postpukeirada". Baixa ao after coa "Estudante ou funcionaria" e vólvese máis político en "Así é imposible: "Cando recolles a un caído e te pisan os que caerán dous pasos máis adiante indo para atrás".
O título do álbum tampouco é casual. Alén da relación clara a moitos referentes musicais deses anos, é unha chamada xeracional. A todos os nacidos entre "finais dos 70, comezos do 80", unha xeración que comparte moitas cousas, o feito de ter naciodo e vivido nunha Galicia constitucional e autonómica, e no musical unha xeración "post", post-moitas cousas, e que escoitou e asumiu a música electrónica dende a súa adolescencia. É tamén a xeración de moitos dos poetas escollidos. Daniel Salgado, María do Cebreiro, ou mesmo Elvira Riveiro. Música contemporánea, poesía contemporánea. Tan só Carvalho Calero escapa dese nexo común, mais cun poema, "María Silenzo", de temática absolutamente actual: a sinistralidade laboral. Pero isto non é moi sorprendente. Hai xente que morreu hai xa tempo que é moito máis moderna que moitos que están vivos e mesmo van de modernos.
Pero F+A son, evidentemente, algo máis ca spoken word. F+A son poesía, pero son tamén unha brillante bola de discoteca, como deixan claro en todas as cancións, pero sobre todo en "Pánico", canción pangalaica, e retrouso que moitos dj's terán que escoitar nos vindeiros anos: "merda de dj, merda de dj". Morrissey segue estando en todos os lugares. Escoitando o álbum, entre brillantes ambientacións, e ritmos imparables que un desexaría que durasen algúns minutos máis, un pregúntase se algún día poderemos escoitar estas cancións nos pubs e discotecas de Galicia. Falla a distibución? Falta que tomemos máis en serio as nosas creacións culturais? Falta un sistema cultural de noso?
Un disco para ler, e para falar del, para escoitar sentado e para bailar de pé, ou para escoitar de pé e bailar acostado. Unha e outra vez.
4.-ATAQUE ESCAMPE Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (ARP, 2007)
"Que nome tan feo", pensei cando escoitei o nome do grupo, por primeira vez. Nen feito a propósito, se aínda fosen punkarras... Pero igual que son os actos das persoas os que fan que os seus nomes sexan sinónimo dalgo fermoso, é a música a que fai o nome dun grupo encantador ou non. Só así se pode explicar que nomes rematadamente feos coma Os Escaravellos ou Os rapaces da praia sexan hoxe sinónimo das máis talentosas músicas. E Ataque Escampe tamén son dos que cambian o significado do seu nome a base de talento e cancións para a -nosa- historia.
Adoptando unha fórmula desparafusada a medio camiño entre Violent Femmes, Del Amitri, The Pogues e incluso The Go-betweens (máis en concreto: guitarras acústicas, violin, percusións varias, kazoo e voz) son quen de construír un discurso propio con unha personalidade da que poucos grupos galegos poden fachendear, sobre todo coa súa media de idade, non superior ao cuarto de século. Axuda nesta tarefa, e moito, a incríbel voz rachada e grave de Alex -case inaudita no pop galego-, fillo bastardo de Tom Waits e Nick Cave e curmán lonxano de Josele Santiago e Enrique Bunbury. No seu ton profundo e desesperado as historias que contan estes galegos -imposíbeis de localizar concretamente xa que cada membro provén de cada unha das catro provincias- adquiren novos sensos e matices tan particulares que fan que as súas cancións sexan case imposíbeis de versionar. E xunto coa voz son precisamente as letras o máis característico de Ataque Escampe, versos cercanos por momentos á antipoética de Nicanor Parra, que fuxen coma do demo da nosa lírica pop-rock tradicional onde poucas veces se viron tratados temas coma a sexualidade dende o ponto de vista feminino ("ás veces frega a súa pube unha flor vermella ou azul e algo sóbelle (ou báixalle) todo através do seu corpo na espiña dorsal" cantan en Ana e o caracol), o fracaso do amor no seo do matrimonio ("ti fálasme da hipoteca, da túa nai, do seu reuma, doutra parella que dura e da televisión" din no Tango do Sintasol) ou acedas chamadas de auxilio desesperado fronte á realidade que lles tocou viver ("auxilio, teño corazón, non lle abonda o mundo no que estou, faime ser un móbel-bar cando soa o reggaetón" declaran en Móbel-Bar). Pesimismo controlado coa suficiente dose de ironía como para non caer no laio interminábel e saudoso tan característico doutras décadas.
Estes catro rapaces, dos que ao principio desconfiei coma bon galego, téñense convertido a base de cancións -como senón?- nun dos meus grupos de culto, deses dos que apenas te preocupas cando sacan o próximo disco porque aínda non cansaches das cancións do anterior. E os temas do seu debut, Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, dubido moito que algún día me cheguen a saturar. Coma sempre soe acontecer cos clásicos.
5.-NADADORA Hablaremos del miedo (Jabalina, 2007)
Un bon indicador do nivel de reivindicación e actualidade de grupos xa desaparecidos soe ser o prezo que acadan as súas obras maiores no mercado de vinilo usado na edición orixinal. No caso de Slowdive a cousa vai dende os 60 euros do Souvlaki aos máis de 100 de Pygmalion polo que cumpre deducir que o seu legado debe estar ben presente na escena actual dun xeito ou outro. Efectivamente nos últimos anos vimos asistindo a un pequeno revival do shoegazing, con bandas tan dispares coma os suecos The Radio Dept. ou os ianquis Fleeting Joys. Pero xa e 2003 nunha pequena vila da fin do mundo andaban uns rapaces argallando unha banda que partía dos postulados estéticos dos de Reading para dar forma a unha fórmula de pop saudoso, reverberado e cun xogo de voces -as de Sara e Gonzalo- que lembraba feliz e irremediábelmente ao de Neil Halstead e Rachel Goswell. Eran Nadadora e viñan do Grove.
Catro anos, dúas demos, un mini-LP e un disco longo despois chega Hablaremos del miedo, un album que soprende aos que levamos seguindo á banda dende que tivemos novas deles no Proyecto Demo 2004. Algo nos advertira Gonzalo Abalo nunha entrevista telefónica en Radio Oceánica mentres andaban a rematar as gravacións: a fórmula cambiaba, o novo son ía sorprender aos fans de toda a vida. E así foi. Non tanto a fórmula -seguen coa mesma formación e empregan os mesmos instrumentos- pero si nas formas. Nos dez temas que fan parte deste Hablaremos del miedo o primeiro que se nota son os cambios na producción. Xa non hai as toneladas de reverberación -por outra parte tan características do shoegazing polo que o seu abandono é toda unha declaración de intencións- dos anteriores discos. Agora as voces están moito máis altas e claras, facéndose moitos máis evidentes, rompendo o mandamento enunciado por ese profeta químico que é Jota hai anos ("a voz non debe estar máis alta porque é un instrumento máis") e devolvendo o protagonismo que a voz debe ter no asunto este do que estamos falando... o POP con maiúsculas.
Pero no pop non é a forma o máis importante. Sen cancións inesquecíbeis todo o esforzo pode quedar nunha bonita produción e un disco agradábel, apto para ser escoitado en elevadores e aeroportos. Os grovenses xa avisaran en gravacións anteriores do seu potencial neste sentido, con clásicos das dimensións de Incendio 3, La tarde gira ou 12:01 AM, e neste Hablaremos del miedo a cota de singles candidatos a "canción pop perfecta" medra até níveis insospeitados, facendo do seu cancioneiro un cobizado tesouro para calquera grupo que persiga a melodía: Tu y cuantos como tu, El bosque, La forma, Al final todo arde ou Todo o mundo protesta pertencen a esta categoría de xeito inmediato pero non me atrevería a asegurar que despois dunhas cantas escoitas máis non rematan todos e cada un dos temas do disco nela. A isto axuda non só a produción -moito máis clara e directa, máis perto de como soa a banda sobre as táboas- senón tamén a inclusión de arranxos de cordas e vento, un matiz que defintivamente os alonxa da sombra de Slowdive e mesmo Mazzy Star para situalos -coma acertadamente din na promo- en postulados estéticos moito máis afíns a bandas coma os xa desaparecidos The Delgados ou os xeniais canadianos Stars.
Nadadora percuraban un pequeno cambio de rumo -sútil, apenas uns graus- que os levase a soar máis orgánicos, máis directos e sen dúbida o conseguiron, achegándose máis ao seu son real coma banda e deixándonos xa de paso unha colección de cancións para toda a vida, desas que non se esquencen. Por certo que eses anceios reorientadores se perceben tamén no propio disco a nivel físico, cun par de sopresas "estéteicas": o deseño da capa xa non foi obra do omnipresente Aramburu -é unha luminosa foto de Tamara De la Fuente- e nunha das pás do digipack incluiron uns versos nada menos que de Lois Pereiro. Que máis podo dicer.
6.-NARF Tótem (Falcatruada, 2007)
Na traxectoria de Fran Pérez pódese resumir con precisión a evolución da escena galega do último cuarto de século, partindo da Movida -Nicho Varullo-, pasando pola post-Movida pre-Bravú -Os Quinindiolas- e rematando co Bravú -Psicofónica de Conxo-, todo isto sen sen ter en conta a súa prolífica carreira coma compositor de bandas sonoras. O incansábel Fran foi parte activa de todo o que se coceu naqueles anos pero non foi até o cambio de século que o seu talento como compositor, arranxista e intérprete abrollou individualizado co seu proxecto en solitario baixo o nome de NARF (...)
Agora, tras editar un primeiro disco que non tivo toda a difusión que merecía pero que o levou coa súa guitarra polo mundo adiante colleitando algún que outro premio internacional, chega Tótem, o seu segundo disco no que reflexa o froito de máis de dúas décadas escribindo cancións. Abofé que NARF é un artista dificil de etiquetar. Nas súas xiras británicas emparentábanno co movemento tropicalista, tras as súas visitas a Mozambique voltaba co difuso carimbo da World Music máis étnica, polo seu vencello a Nordesía sempre se lle relacionaba co folk galego... pero o certo é que Fran Pérez é en esencia un songwriter de toda a vida -de Guthrie a Dylan pasando por Cohen, Buckley ou Drake, escollede o que vos praza- dos que parten da sinxeleza do folk saxón para abrazar calquera influenza e estilo que lles pase por diante e lles toque o corazón, dende o rock ao blues pasando polos ritmos étnicos ou o jazz.
E precisamente isto é o que acontece neste Tótem, que os únicos denominadores comúns que achamos son a voz lene e a moi virtuosa guitarra de Fran porque cada un dos trece temas que contén posúe as súas propias coordenadas estilísticas, poñéndollo aínda máis dificil aos encarregados das tendas de discos á hora de colocar o disco nunha sección ou outra. Pero por riba de todo o que agocha este disco inmenso son cancións, con clásicos automáticos coma Galician Lullaby, Afroblues ou -pola parte que me toca coma picheleiro- Santiago. Foi este un disco que se cociñou moi a modo e, igual que as cousas que se fan con coidado e detalle, as súas músicas non van ser das que se esquencen facilmente. Felizmente vannos acompañar moito, moito tempo.
>
7.-APENINO El chico de la camiseta a rayas (Jabalina, 2007)
Con pouco mais de trinta anos Marco Maril -Apenino- ven ser un dos músicos galegos cunha traxectoria máis interesante por variada. Xa fose facendo radio, fundando selos ou impulsando o primeiro indie compostelán militando en grupos tan avanzados na época coma Hemisferio Izquierdo ou Fulsomes. Posteriormente foi o 50% de Dar Ful Ful, unha evolución dende os sons máis experimentais ao pop máis "familyar" que cristaliza agora neste segundo disco coma Apenino ao abandonar definitivamente a guitarra en favor do Ukulele.
Pero esta renuncia non é máis que a ponta do iceberg do novo Marco xa que neste "El chico de la camiseta a rayas" hai cambios bastante máis significativos que esa transición de seis a catro cordas, nomeadamente a penetración progresiva en terrenos máis inditrónicos a niveis de bases, achegados ao IDM e ao Glitch. A herdanza Family/New Order segue tan viva coma sempre pero resulta evidente que as novas formas do novo pop electrónico xa fan parte do son de Apenino, tras este disco moito máis perto da órbita vangardista de xente coma Electric President, Mùm ou 6PM que da austera tristeza dos fillos do Donosti Sound. Porén, a súa capacidade para a composición sigue invariábel, un talento ao que hai que engadir o persoal da súa voz que -sen ser a mellor do mundo, nen falta que fai- emociona cando non a conmociona ao enchoupar de saudade cada unha das súas xema preciosas. É o caso de El amor nos hace viajar, Nos sienta grande ou Días de septiembre, a peza máis bailábel do disco e un dos singles indiscutíbeis de 2007.
8.-NOISE PROJECT Teleclube (ARP, 2007)
Asumámolo. Dende Os Resentidos a música con vocación vangardista cantada en galego andaba de capa caída. Correntes coma o noise, o shoegaze ou o post-rock foron chegando ao País en pequenas doses e sempre con formas de expresión saxonas. Semellaba que o magnífico exemplo que nos deron Reixa e os seus –o de poder estar na avangarda estatal e mundial e trunfar sen despegar os pés da nosa terra- non valera para nada. E que só se pode empuñar unha Fender Jaguar con intencións antiacadémicas se vas cantar en inglés? Por fortuna hai novas formacións coma Noise Project capaces de demostrar que non.
Teleclube é o primeiro traballo deste sexteto, nove temas nos que os de Valga son capaces de non parecerse a nengún grupo concreto e, ao mesmo tempo, deixar que as súas moi ricas influenzas (Pavement, Sonic Youth, Mogwai, Godspeed You Black Emperor!, Slowdive, Yo la tengo, My Bloody Valentine...) enchoupen sen prexuizos cada anaco do disco. Atopamos a pegada post-rock en temas coma Máxico Lugar ou A pedra de afiar, con certo parecido en dous temas concretos –A aposta e I- ao mítico grupo compostelán N.H.U., toda unha sopresa xa que me consta que nunca os escoitaran antes. Resulta curioso coma pode aparecer unha liña estilística involuntaria que una dous grupos tan lonxanos no tempo –trinta anos!- pero tan semallantes na súa proposta, a de facer música experimental cantada en galego.
Porén, unha das maiores virtudes de Noise Project –que tamén foi dos Resentidos no seu tempo- é a de non fecharse en sí mesmos na opacidade do artista que experimenta sen máis, sendo capaces de facturar tamén temas coma Marcial, O bronceado de Zaplana ou II, máis roquistas e acelerados, nunha liña máis noise e shoegaze que post-rock e con moitas máis posiblidades de engaiolar a un siareiro de, por exemplo, Los Planetas, Surfin' Bichos ou Triángulo de Amor Bizarro. Este factor, sumado á duración dos seus temas –cunha media de tres minutos- e ao seu sentido do humor fai que Noise Project sexan candidatos a penetrar tanto en audiencias na percura da aventura sonora coma nas posuidoras dos ouvidos máis aburguesadas. Algo que –como dixen- fixeron Os Resentidos pero poucos grupos con anceios artísticos foron capaces de conseguir.

9.-GALEGOZ Revolution Dance (Vir, 2007)
Se quixera enumerar todos e cada un dos estilos que se dan cita neste segundo traballlo de GALEGOZ tería que escreber a reseña na sección de ESPECIAIS por mor da súa extensión. Do acid-jazz ao drum n' bass, do dub á pachanga... verdadeiramente xa non quedan etiquetas que non pasen pola batidora liderada por Marcos Payno e Denis Mutante. O conceito de mestizaxe nascido nos primeiros Mano Negra é levado á súa máxima expresión neste Revolution Dance, un disco no que o título sintetiza como nada o conceito que se agocha trás a proposta de GALEGOZ, festa e loita a partes iguais pero sen tomarse demasiado en serio. De feito todas e cada unha das letras mínimamente políticas -tamén as hai puramente festeiras coma as de Verbena Eléctrica e Os fillos da Pachanga- foron pasadas polo filtro da carallada, facendo que a mensaxe sexa moito máis dixeríbel. E tamén risíbel, coma ben se ve no hit Capitán GZ. Mesmo as máis "serias" Igreja Catódica -na que se menta até a Jiménez Losantos!- e Nom quero ir fora teñen a dose xusta de carraxe intelixente como para fuxir da consigna barata. Parabéns para este trouleiros revolucionarios, non é nada fácil escreber letras mínimamente politizadas sen caer no agit-prop máis cutroso.
Algo que sorprende e moito, coñecendo a traxectoria dalguns dos membros da banda, é a inclusión de dous temas en castelán. Isto é algo que alporizará a moitos pero que dende unha perpectiva normalizadora cumpre celebrar, que mellor signo de nomalidade para a língua na música popular que que un grupo de impecábel coherencia lingüística coma GALEGOZ se poda permitir o luxo de incluir dous temas nada menos que en castelán. É certo que resulta bastante dificil de imaxinar que iso tivese acontecido nun disco de Fuxan os Ventos, Os Resentidos ou mesmo Xenreira pero está claro que os tempos son distintos e isto non se pode interpretar en clave entreguista senon en clave internacionalista. Outra cousa é que algúns prefiramos o internacionalismo monolingüe de Negu Gorriak ao de Kortatu. Unha pura cuestión de gostos. O que está claro é que eses dous temas poden ser unha xanela aberta na conquista de audiencias máis alá do Bierzo, a ver se teñen sorte na misión. Este Revolution Dance ven confirmar que o que nasceu coma un grupo virtual a imaxe de Gorillaz é xa unha realidade e estamos seguros de que se van fartar de tocar este verán levando a súa danza revolucionaria por todas as vilas do país e, quen sabe, do estranxeiro.
10.-NOUVELLE CUISINE Autodictado (Autoeditado, 2007)
Da primeira gravación de Nouvelle Cuisine - Nouvelle Essai- até este Autodictado teñen pasado catro anos e catro maquetas, o que para calquera grupo da escena galega -onde abundan as carreiras fugaces e escasas en gravacións- non é pouco. Moito menos se no camiño és nomeado grupo revelación do ano polo Festival Contempopránea. A verdade é que escoitando os temas deste seu primeiro disco longo hai que admitir que aos coruñeses lles ten cundido moito este tempo, pulindo o son e construindo un estilo que aínda que etiquetábel ten moito de propio. E digo etiquetábel pero propio porque aínda que a pegada de La Buena Vida -na música e o ton- e La Habitación Roja -nas voces e en temas coma Mapa- segue a ser evidente estes chefs da alta cociña teñen engadido un par de merecidas estrelas Michelín ao seu menú de pop preciosista manufacturando singles deses que non se esquencen -Aritmética Polar e 2 torres, por poñer un par de exemplos- e ralentizando un chisco algunhas das súas composicións, achegándose en ocasións á saudade shoegazer de Nadadora. De feito este casamento estético cos grovenses debería cristalizar nalgo semellante ao que foi precisamente fonte común dos dous, o Donosti Sound, desta vez con epicentro atlántico no canto de cantábrico. Os medios estaremos ben atentos a esa posíbel consolidación.
Pero non só a madurez no musical é o que destaca neste Autodictado, tamén o formato de edición é revolucionario, cun complexo procedimento de individualización -podedes velo en imaxes no seu fotolog - de cada disco vendido, asociándoo para sempre ao seu propietario. Novas ideas que tentan devolver o valor engadido ao disco coma item, aínda que, coma neste caso, o valor e calidade da súa música sexa máis que suficiente para xustificar a inversión. | ..>
Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|
Thursday, November 22, 2007
 |
Hoxe sae o disco !!
Dende o mes de agosto levamos agardando para mostrar ao mundo o noso 1º disco. O noso soño cumprido ao fin.
O certo é que nos apresuramos moito na primavera deste ano para poder ter polo menos once temas listos para gravar nos Estudos Garate de Euskal Herria.
Pero non é menos certo que desde ese mes de agosto estivemos mordéndonos a lingua sin amosar este traballo a practicamente ninguén. E esperando que Kamikaze Producions ultimase todo. Eles fixeron un traballo magnifico, con xira-presentación incluida. E agora por fin se pode un achegar a unha tenda e pedir o disco.
Señoras... señores... presentámoslles...
-------------------------"AS PALABRAS ESPIDAS" -------------------

Powered by  | | English | | Albanian | | Arabic | | Bulgarian | | Catalan | | Chinese | | Croatian | | Czech | | Danish | | Dutch | | Estonian | | Filipino | | Finnish | | French | | Galician | | German | | Greek | | Hebrew | | Hindi | | Hungarian | | Indonesian | | Italian | | Japanese | | Korean | | Latvian | | Lithuanian | | Maltese | | Norwegian | | Polish | | Portuguese | | Romanian | | Russian | | Serbian | | Slovak | | Slovenian | | Spanish | | Swedish | | Thai | | Turkish | | Ukrainian | | Vietnamese |
|
|
|
|