MySpace
myspace music


CGTH ROCK AND ROLL PARTY



Last Updated: 7/19/2009

Send Message
Instant Message
Email to a Friend
Subscribe

Status: Single
State: Coruña, A
Country: ES
Signup Date: 1/17/2007

Blog Archive
[Older      Newer]
 /  / 
Saturday, May 23, 2009 
Thursday, May 21, 2009 
Photobucket
Wednesday, April 22, 2009 

NOVEDADES CARMINHA

Horteras pero elegantes. Novedades Carminha son Jarri, Carlangas e Xavi, que con só 20 anos de idade son fillos prodixio do situacionismo e o posdadaísmo agresivo. O culto á frescura, á enerxía á actualidade e ao viño fan de Novedades Carminha un dos grupos máis divertidos e orixinais do panorama musical galego. Combinan o humor dos primeiros Siniestro Total cunha posta en escea atractiva e bailona, que lembra a Los Coyotes de Victor Abundancia, pasado todo isto por unha clara influencia musical do primeiro punk do 77.
Son o único grupo que recoñece abertamente que tocan para ligar, e ligan para comer.
NC comezaron en Madrid en marzo de 2007, lugar de
residencia actual do grupo, aínda que o pasado verán realizaron unha xira percorrendo a maior parte da xeografía galaica tocando en festivais coma o Festeiro Rock, o Sereas e Piratas ou o Monterroso Sitio Distinto; ademáis de ofrecer o seu espectáculo sen nengún tipo de censura nas salas do
circuíto galego e madrileño, tocando tamén na Festa Demoscópica da revista MondoSonoro.
Na actualidade, Novedades Carminha participan no Galizian Bizarre, recopilatorio de 7 grupos bizarros galegos (NC, Franc3s, Jiménez Los Santos, The, Telephones Rouges, Schizophrenic Housewives, Los Santos) e foron incluídos nos recopilatorios de punk estatal “Matado por la muerte” e “Never Trust a Punk” xunto a grupos como Juanita y Los Feos, Über, Coprolitos, Samesugas, Brigada Criminal…

“Grandes Éxitos” foi o seu primeiro traballo, un curta duración editado en formato dixital polo netlabel A Regueifa e autoeditado en formato cassette, que se pode definir coma unha homenaxe á frescura musical e ao humor entendido como a incorrección política das tertulias de taberna. As letras dos seus singles falan dos punkies de Lalín coma das mulleres católicas, sen deixar de clamar porque lles dean de beber ou de declararse sentimentales pero sementales.


Thursday, October 18, 2007 
Free Image Hosting at ImageShack.us