Pois si, pois si... comezamos unha nova aventura. Como carta de presentación deixamos dous temas recén sacados do forno... probádeos mentres están quentes!!
Os John Deere somos Catuxa á voz, Mustaf e Tino coas guitarras, Maikel co baixo, Xermán á batería e Reices aos teclados... tedes a oportunidade de ver como o facemos mañá, sábado 17 na presentación do recopilatorio "A Estrada en Pé". A cousa comezará sobre as 10.30. Vémonos!!