O Blog Barrio dos Mallos, cuia dirección é http://mallos.es, é un Blog particular sobre o Barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación na Coruña. Ante a case nula presencia do Barrio en internet (no nomento da súa creación), un grupo de veciños decidímonos a iniciar este camiño buscando ser un lugar de encontro e participación dos veciños, sen máis obxectivo que mellorar a información existente sobre esta zona da cidade. E se de algunha maneira, este blog pode servir para axudar en algo ó barrio, benvido sexa.
A Administración do "Blog Barrio dos Mallos" non é ninguna asociación de veciños nin representa a ninguén, únicamente son veciños que colocaron as ferramentas necesarias para que o Barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación teña un rincón na rede de información e utilidade para os demais veciños.
O Barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación comprende principalmente o Código Postal 15007. Trátase un barrio creado nos anos 50 e a súa poboación actual é aproximadamente duns 35.000 veciños, sendo así un dos máis poboados da cidade. A alta poboación, o paso das grandes vías de circulación como son a Ronda de Outeiro e a Avenida de Arteixo, a presenza dos Xulgados e a Audiencia Provincial, a presenza da Estación de Ferrocarril e a proximidade da Estación de Autobuses, a existencia de dous Centros Cívicos, unha Biblioteca recentemente reformada e modernizada, dous Polideportivos (un deles con picina), un museo, etc.. fan deste barrio unha das zonas con maior "vida" e movemento da cidade, pero á vez, isto tamén ocasiona graves problemas de tráfico (atascos, ruido, dobre fila, falta de espazo para estacionar, etc.).
A través deste Blog intentaremos que estés ó tanto de todo o que acontece no barrio.