MySpace
myspace music

Guezos. Diario de Terradentro.

Guezos



Last Updated: 12/17/2009

Send Message
Instant Message
Email to a Friend
Subscribe

Status: Single
City: Ourense
State: Ourense
Country: ES
Signup Date: 1/30/2006

Blog Archive
[Older      Newer]
 /  / 
Tuesday, November 24, 2009 

Current mood:  thankful
Como pasa o tempo diormío...
Parece onte cando chegaron o Mortadelo e o Reboiro montados nunha Vespino e cargados cunha gaita, un baixo e o seu ampli. No local de ensaio estaba Anxo esperando co seu casiotone da primeira comunión e o Pablo coa súa flamante guitarra. Sí, así foi o noso mítico inicio.
 
E tampouco che cambiamos tanto, un par de pelos menos, unha arruguiña por aquí, unha cana por alá...eso sí, mellores instrumen tos, eh?!
 
O caso é que dez anos despois de esta aventura, seguimos mantendo o noso espíritu de festa máis fresco ca nunca, e para celebralo con todos vós temos preparada unha boa festa chea de sorpresas, recordos do pasado, e de olladas cara o futuro.
 
Esperámosvos a vós, amigos de sempre e tamén ós que non nos coñecedes todavía na Sala Auriense o 26 de Decembro ás 21h.
 
Saúdos.





Tuesday, July 28, 2009 

En Agosto, nin viño, nin muller nin mosto” reza un dito galego supoñemos que moi antigo, porque bastaría un pequeno paseo polas vilas, aldeas e cidades galegas, para que as sabias xentes que crearon este refrán se retractaran nun abrir e pechar de ollos. Será por mulleres e viño… há! Eso sí, mosto vese ben pouco.
E diredes, que ten que ver esto con Guezos? Boa pregunta.
Resulta que despois de descansar, a medias, en xullo, voltamos agora en Agosto para tocar en festas nas que non abonda nada o mosto, aquí vos deixamos unha pequena escolma que se irá actualizando na sección “Concertos” segundo nos vaian confirmando datas.
Saúdos.
    1 de agosto 2009 Concerto en Catoira, Pontevedra
    7 de agosto 2009 Concerto na Festa dos Botes, Arzúa, A Coruña.
    8 de agosto 2009 Concerto en Porriño, Pontevedra
Thursday, July 23, 2009 
O 1 de agosto 09, Guezos desembarca en Catoira!

Aquí o cartel:
Tedes máis info en: www.vikinga.es






Thursday, June 04, 2009 
Impulsados coa inercia que nos deu a Xira Oito Destinos difícil vai ser agora estarmos quietos. Aquela fame que ruxía nos nosos bandullos converteuse en gula e non pensamos parar ata estar ben cheos de todo o que nos gusta.
Eso si, queremos que veñades todos connosco para facer de cada noite unha verdadeira festa.E si non sabedes por onde andamos non vos preocupedes, que xa vos iremos deixando unhas pedriñas para que poidades seguirnos o rastro este mes de xuño.
   Próximos concertos:
5 xuño 2009, 22:00 Cafe cultural Auriense Ourense, Ourense.
13 xuño 2009, 23:00 III Feira da Sidra de ChantadaChantada, Lugo.
17 xuñ 2009, 20:00 Fabrica de Chocolate Vigo, Pontevedra.
24 xuño 2009, 21:00 Ourense Ourense, Ourense.

Thursday, May 07, 2009 
O concerto do Fogar do Maior de Allariz queda cancelado.

Se hai nova data para Allariz avisaremos con tempo.

De todolos xeitos tedes máis oportunidades de vernos en directo: este venres en Xinzo, no Pub Clan e o 16 de maio na Praza de San Marcial, en Ourense, polas Letras Galegas.

Saúdos: Anxo. GUEZOS.
Friday, April 17, 2009 

Current mood:  adventurous
AVISO IMPORTANTE AMIGOS:
O concerto deste sábado 18 de Abril na Pza Maior queda CANCELADO POLO TEMPO (Previsión dun 70% probabilidades de chuvia).
A NOVA DATA DO CONCERTO SERÁ PUBLICADA NA NOSA PÁXINA E COMUNICADA POR ESTE EMAIL, PRENSA, MYSPACE, ETC.
O concerto de hoxe na Esmorga ás 21:30 segue en pé.
Vémonos!!!
Friday, October 17, 2008 

Current mood:  rockin

A pesares de estar centrados na gravación da Pre-producción do novo disco, (qué lío...) facemos un pequeno alto no camiño para visitar Maceda, comer castañas, chourizos e viño e de paso ofrecer un concerto con Cuchufellos, Sin Konzienzia e La CX Band.

Animádevos e vide a celebrar o Magos con nós a Maceda!!