MySpace
myspace music


Noise Project



Last Updated: 12/14/2009

Send Message
Instant Message
Email to a Friend
Subscribe

Status: Single
City: Valga (Galiza)
State: Pontevedra
Country: ES
Signup Date: 10/10/2006
Sunday, July 01, 2007 

Current mood:  artistic
Category: Music

NOISE PROJECT
Teleclube
(ARP, 2007)
 

Asumámolo. Dende Os Resentidos a música con vocación vangardista cantada en galego andaba de capa caída. Correntes coma o noise, o shoegaze ou o post-rock foron chegando ao País en pequenas doses e sempre con formas de expresión saxonas. Semellaba que o magnífico exemplo que nos deron Reixa e os seus –o de poder estar na avangarda estatal e mundial e trunfar sen despegar os pés da nosa terra- non valera para nada. E que só se pode empuñar unha Fender Jaguar con intencións antiacadémicas se vas cantar en inglés? Por fortuna hai novas formacións coma Noise Project capaces de demostrar que non.
 

Teleclube é o primeiro traballo deste sexteto, nove temas nos que os de Valga son capaces de non parecerse a nengún grupo concreto e, ao mesmo tempo, deixar que as súas moi ricas influenzas (Pavement, Sonic Youth, Mogwai, Godspeed You Black Emperor!, Slowdive, Yo la tengo, My Bloody Valentine...) enchoupen sen prexuizos cada anaco do disco. Atopamos a pegada post-rock en temas coma Máxico Lugar ou A pedra de afiar, con certo parecido en dous temas concretos –A aposta e I- ao mítico grupo compostelán N.H.U., toda unha sopresa xa que me consta que nunca os escoitaran antes. Resulta curioso coma pode aparecer unha liña estilística involuntaria que una dous grupos tan lonxanos no tempo –trinta anos!- pero tan semallantes na súa proposta, a de facer música experimental cantada en galego.
 

Porén, unha das maiores virtudes de Noise Project –que tamén foi dos Resentidos no seu tempo- é a de non fecharse en sí mesmos na opacidade do artista que experimenta sen máis, sendo capaces de facturar tamén temas coma Marcial, O bronceado de Zaplana ou II, máis roquistas e acelerados, nunha liña máis noise e shoegaze que post-rock e con moitas máis posiblidades de engaiolar a un siareiro de, por exemplo, Los Planetas, Surfin' Bichos ou Triángulo de Amor Bizarro. Este factor, sumado á duración dos seus temas –cunha media de tres minutos- e ao seu sentido do humor fai que Noise Project sexan candidatos a penetrar tanto en audiencias na percura da aventura sonora coma nas posuidoras dos ouvidos máis aburguesadas. Algo que –como dixen- fixeron Os Resentidos pero poucos grupos con anceios artísticos foron capaces de conseguir.
 

Vincent Jalo

www.sono-tone.net