
Celeiro é un pobo mariñeiro de 3.000 habitantes coñecido
principalmente polo seu porto pesqueiro e comerial, dos principais de Galiza e
do Cantábrico. Pertence ao Concello de Viveiro (Lugo), e está situado ó
noroeste da Península Ibérica, ó norte de Galiza e da provincia de Lugo e á
beira do mar Cantábrico.
Celeiro é, xunto a Viveiro e Covas, un dos tres núcleos
urbanos do municipio de Viveiro. Municipio capital do partido xudicial e da
comarca da Mariña Occidental, que conta con máis de 16.000 habitantes na
actualidade, cifra que chega a triplicarse en época estival debido á grande
afluencia de turistas atraídos polos seus monumentos histórico-artísticos, as
súas paisaxes, as súas praias e os seus mararvillosos entornos, algún dos cales
está declarado monumento natural.
Distancia respecto a cidades de importancia:
Lugo: 91 km, Ourense: 186 km, Pontevedra: 209 km, Vigo: 233
km, A Coruña: 119 km, Ferrol: 86 km, Santiago de Compostela: 153 km.