O 18 de outubro a canción gañadora do
A Polo Ghit competirá en Laponia representando a Galiza.
Xaqueda menos. O 18 de outubro a vila de Luleåacollerá a quinta edición do
Festival Europeo da Canción para LinguasMinorizadas Liet Lavlut. Por certo, espérase que a noite do sábado 18os termómetros cheguen aos cero graos en Laponia. Once formaciónsrepresentarán a outros tantos países ou comunidades culturais. Estesson os grupos participantes, na orde na que subirán ao escenario:
Cadaun dos participantes chegou até esta final dunha forma determinada. Orepresentante galego,
Boy Elliot & The Plastic Bags a través doconcurso de Vieiros e a Radio Galega
A Polo Ghit, e houbo igualmenteconcursos de canción en Frisia, Laponia, en Escandinavia (que celebrouo Laulun-Laulut, o festival da canción para minorías para Escandinaviae os Países Bálticos) ou en Escocia que organizaou en Inverness o NosUr, o primeiro festival celta e escocés da canción. Houbo tamén unhasemifinal para os países nórdicos, os países bálticos e Karelia.
Xurado, SMS e votacións webOFestival entregará dous premios: un, outorgado por un xuradointernacional (un representante de cada lingua participante), e outro através dos votos do público, ben a través da rede (
computándoseunicamente os votos recibidos entre as oito e media e as nove da noitedo día 18), as mensaxes de SMS e o público presente no concerto. Se o18 de outubro estás por Suecia, envía un SMS ao 72500 escribindo LIET 1para votar a
Boy Elliot. E se non, a opción é a rede: na páxina doFestival xa se pode votar polos gañadores
http://vote.sparklit.com/web_poll.spark/1084826 , pero estes votos non terán validez para decidir o resultado final.
O festival retransmitirase en directo a través da
radio sueca http://www.sr.se/p2