“En Agosto, nin viño, nin muller nin mosto”
reza un dito galego supoñemos que moi antigo, porque bastaría un
pequeno paseo polas vilas, aldeas e cidades galegas, para que as sabias
xentes que crearon este refrán se retractaran nun abrir e pechar de
ollos. Será por mulleres e viño… há! Eso sí, mosto vese ben pouco.
E diredes, que ten que ver esto con Guezos? Boa pregunta.
Resulta que despois de descansar, a medias, en xullo, voltamos agora
en Agosto para tocar en festas nas que non abonda nada o mosto, aquí
vos deixamos unha pequena escolma que se irá actualizando na sección
“Concertos” segundo nos vaian confirmando datas.
Saúdos.
1 de agosto 2009 Concerto en Catoira, Pontevedra
7 de agosto 2009 Concerto na Festa dos Botes, Arzúa, A Coruña.
8 de agosto 2009 Concerto en Porriño, Pontevedra